sexta-feira, 15 de abril de 2011

ESCRITURA DUNHA HISTORIA A PARTIR DAS SÚAS ILUSTRACIÓNS

Normalmente faise o contrario, e iso xa o temos feito anteriormente neste ano. Agora trátase de escribir unha historia a partir de 10 imaxes que servirán como ilustracións da historia que escribides. Douvos 10 imaxes -todas son cadros do pintor Leandro Lamas (Narón, 1973)- e tedes que miralas, asignarlles unha orde e escribir a historia que ilustran, nesa orde que lle destes. O significado dunha imaxe depende de moitas cousas: evidentemente da propia imaxe en si (dos elementos que a compoñen, das formas que teñen, das cores utilizadas, dos contrastes, etc.) pero tamén depende tanto, polo menos, do propio espectador que interpreta esa imaxe (supoño que iso ficou ben claro cando vos invitei a que imaxinásedes que significado podía ter o stencil de "EAT THIS" o 11-9-2000 e o 11-9-2010: o único que cambiaría aí é o espectador, sendo a imaxe a mesma nas dúas datas). Dentro das características da imaxe, nesta actividade traballamos con como inflúe no significado dunha imaxe o feito de formar parte dunha secuencia. Deste xeito, en función de que imaxes acompañasen nunha secuencia a unha mesma imaxe, esta imaxe podería ter significados ben distintos. Vou poñéndovos as imaxes (xa vos digo que a orde en que van debédela decidir vós):

TRABALLO PARA 4º

Consiste en todo o traballo de realizar un vídeo-clip para unha canción. Póñovos dous exemplos distintos de como o fixeron outros. As claves do éxito son traballar con gusto e o esforzo no traballo:


quarta-feira, 13 de abril de 2011

STENCIL (ESTARCIDO)

O traballo proposto consiste na realización dunha plantilla para stencil. Póñovos a ligazón ao primeiro blog que encontrei sobre o tema.
Aproveito para lembrarvos que o stencil é unha ferramenta de arte de rúa, habitualmente asociado á denuncia de situacións de inxustiza. Un exemplo do que vos comento é o seguinte:

Na ligazón que vos poño hai acceso a outras páxinas sobre arte na rúa, que está ben consultar, como esta, arxentina.